A Real Academia Galega escolleu o venres pola tarde ao novo homenaxeado do Día das Letras Galegas 2013. Será Roberto Vidal Bolaño, un dos grandes dramaturgos de finais do século XX en Galicia. Repasamos a súa biografía, da que a Real Academia Galega salientou como un dos "un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX".
A Real Academia Galega (RAG) escolleu o venres 22 de xuño, nun Plenario, a Roberto Vidal Bolaño, como homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013. A RAG respalda así a petición dunha iniciativa popular, con 800 sinaturas e o respaldo de 50 asociacións e entidades do ámbito escénico e teatral, cando se cumpriron dez anos do pasamento do autor (1950-2002), que morreu prematuramente aos 52 anos de idade. Precisábanse dez anos para poder nomear a Vidal Bolaño como homenaxeado no Día das Letras Galegas. E nada máis cumprírense, Vidal Bolaño convertirase nunha figura central da cultura galega durante 2013.
Para a RAG, Roberto Vidal Bolaño é unha figura imprescindible para comprender a dimensión do Teatro Galego, e o dramaturgo maís prolixo da historia da nosa literatura. Segundo a institución, as achegas de Vidal Bolaño á cultura en lingua galega teñen que ver cun irrevogable compromiso coa lingua galega, pero tamén coa construción dunha obra dramática que consolidou a produción teatral en galego.
Da banca á dramaturxia
Roberto Vidal Bolaño traballou no comercio e na banca, pero os seus inicios teatrais son co grupo Antroido, co cal acudirá ás importantes Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, nos anos 70. En 1977 profesionalizará o grupo Antroido, converténdoo na primeira compañía teatral galega. Tocou todos os ámbitos do teatro, desde a dirección á interpretación ou a iluminación, pero o seu incesante traballo como dramaturgo daría lugar a obras como Laudamuco, señor de ningures, Bailadela da morte ditosa, Agasallo de sombras, Días sen gloria, Saxotenor, As actas escuras, Rastros e Animaliños.
O colectivo que promoveu a súa candidatura tamén destacou o seu papel no mundo audiovisual. Como actor de televisión e de cine, implican unha biografía pública próxima aos espectadores, á que poder tirarle rendemento desde o punto de vista da difusión cultural. Vidal Bolaño rodou a versión de televisión de relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de lúa) ou Eduardo Blanco Amor (O noxo), ademáis de participar en numerosas series e filmes.
Méndez Ferrín, director da revista A Trabe de Ouro, cualificou o seu texto Sen ir máis lonxe coma o seu testamento dramático. Publicárao uns meses antes da súa morte, Entre os premios recibidos, estivo o Max de Teatro (2001) ao mellor texto teatral en galego e o Premio Álvaro Cunqueiro. Foi un extraordinario escritor, salientou a RAG no seu comunicado oficial, fixo literatura dramática con vontade de intervir no sistema literario galego, de dialogar con outras obras e autores. Era un escritor consciente da pertenza da súa obra a un sistema literario rico e dinámico.