Galicia Caníbal estrearase o 12 de xullo

O musical sobre a movida xirará en Galicia e estará dous meses en Madrid

Cartel de <i>Galicia Caníbal</i>
Cartel de Galicia Caníbal
Galicia Caníbal. O musical o musical sobre a movida viguesa, estrearase o vindeiro 12 de xullo en Vigo. Este ambicioso proxecto, desenvolvido por Filmanova Invest e Estrella Galicia, poderá verse tamén en Vilagarcía e da Coruña, antes de ir a Madrid, onde prevé estar dous meses en cartel. O proxecto, nado dunha idea de Antón Reixa, conta cun texto de Fran Peleteiro e Antela Cid, a dirección de Quico Cadaval na escena e Pablo Novoa na música.

A obra revisa grandes éxitos da música galega dos oitenta nunha trama de descubrimento interxeracional e conta cun elenco no que participan Ana San Martín, Sergio Zearreta, Víctor Mosqueira, María Costas, Teté Delgado, Juanillo Esteban, Rosalía Castro, Iolanda Muíños, José Carlos Illanes e Iván Marcos.

Entre outros temas, a obra, inclúe éxitos como Bailaré sobre tu tumba de Siniestro Total, Sitio distinto, Sector naval e Galicia Caníbal dos Resentidos, Malos tiempos para la lírica e Fiesta de los maniquíes de Golpes Bajos, ou No me beses en los labios e Soy una punk de Aerolíneas Federales. En novembro o espectáculo voltará a Galicia para visitar Monforte, Pontevedra e Ourense, e continuará despois a súa xira por Barcelona, Zaragoza, Bilbao e Santander.