A Biblioteca de Celanova acolle os vindeiros 20 e 21 de xuño os actos do ciclo No centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Cinco exposicións, a presentación dun libro de textos literarios da comarca, oito producións audiovisuais dos centros de ensino da zona, dous recitais musicados e diferentes intervencións compoñen o groso deste programa. Os actos están coordinados pola biblioteca e mais a Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova e Baixa Limia coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Fundación Celso Emilio Ferreiro.