Poesía e música únense no concerto de homenaxe a Celso Emilio

A Real Academia homenaxea o poeta cunha sesión extraordinaria en Celanova

Ataque Escampe, Coke Céspedes, Patricia Moon, Frans Banfield, Davide, Inma López Silva, Alonso Montero e Yolanda Castaño participan no concerto e recital de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro que se celebrará o vindeiro día 14 no Centro Social Caixanova de Vigo. Na iniciativa mesturaranse as versións musicadas de textos do poeta con recitados. A entrada ao acto, que fai parte do programa do Ano Celso Emilio que coordina a Consellaría de Cultura, é de balde.

De xeito paralelo, a Real Academia Galega celebrará mañá en Celanova, vila natal do poeta, un pleno extraordinario no Auditorio Municipal. No acto intervirán Margarita Ledo Andión, Darío Xohán Cabana Yanes, Francisco Fernández Rei, Salvador García-Bodaño e Xosé Luís Méndez Ferrín.