A plataforma ProLingua convocou para o vindeiro 30 de xuño unha homenaxe a Agustín Fernández Paz. O evento, que está programado para as 12:30 da mañá, ten aberta a inscrición para un máximo de 250 persoas e inclúe tamén un xantar. Rosa Aneiros conducirá o acto, que se vai celebrar no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo e quere agradecer o traballo literario, didáctico e a prol da lingua que leva desenvolvido Fernández Paz.