No 2008 o CCG publicou un primeiro volume de Os papés d'emprenta condenada, unha importante recompilación de textos en galego escritos a principios do XIX, nos que se podían rastrexar, a máis de textos literarios, os primeiros artigos para medios de comunicación. Onte o CCG presentou o segundo dos volumes, que comprende unha serie de artigos para comprender os inicios da prensa e da escrita en galego no XIX, pero que amplía máis alá do xornalismo estes primeiros papés. Continúan a aparecer cousas chamativas, como esta Carta do Cura de Esmelle, unha sátira en verso que revela as disputas entre un cura do rural ferrolán e un comisario da guerra, tamén ferrano.
Descarga a Carta satírica do cura de Esmelle.