O CCG presentou esta mañá a terceira edición de O pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca, editados por Luis F. Perez. É unha obra imprescindible para adentrarse no proceso de confección e na vida posterior dos Seis poemas galegos que Federico García Lorca redactou na nosa lingua, así como no papel de Eduardo Blanco-Amor na difusión desta obra. Ramón Villares, presidente do CCG, definiu a obra de Lorca como un dos "monumentos da literatura galega". A obra inclúe un CD cunha conferencia de Eduardo Blanco-Amor sobre os poemas galegos de F. García Lorca.