O plenario da Fundación Rosalía de Castro que se reuníu o pasado venres en Padrón elixiou a Anxo Angueira, único candidato, como novo presidente da entidade. Angueira, que accede ao posto logo da dimisión de Helena Villar, anunciou a súa intención de tirar a Fundación da crise na que se atopa. Entre outras liñas de goberno, apostará por integrar todo o padroado nas actividades do ente, así como en incrementar as actividades que se desenvolven na Casa-Museo da Matanza, que tentará integrar a súa programación na vila de Padarón. O novo presidente agarda tamén reorganizar as funcións administrativas da entidade e preparar para 2013 o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.