Unha exposición co medio cento de carteis que diferentes deseñadores do país fixeron para conmemorar os 50 anos do Día das Letras poderá verse, a partir de hoxe nos Xardíns de San Carlos da Coruña. A Real Academia Galega inaugura, ás 19:30 horas o proxecto A volta ás Letras en cincuenta días amosando estas creacións, que xa foron publicadas polo Faro de Vigo como libro o pasado 17 de maio e que se corresponden con cadanseu autor homenaxeado nesta data desde que se puxo en marcha. No acto de apertura intervirá o presidenta da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín.
Caderno cos 50 carteis para o Día das Letras, no web da RAG.