Un grupo de profesionais do teatro e de xente da cultura do país está a promover unha iniciativa para que a academia homenaxee a Roberto Vidal Bolañono vindeiro Día das Letras. Cando se fan 11 anos do falecemento do dramaturgo, o texto que reclama adhesións a esta proposta sinala que "para falar de literatura, de teatro e de lingua non hai exemplo mellor que Vidal Bolaño" e salienta o seu carácter multidisciplinar como autor e actor teatral así como o seu traballo no cinema e na televisión.