O Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega preservará os materiais audiovisuais xenerados pola Fundación Curros Enríquez, de Celanova, mercé a un convenio asinado onte entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Curros Enríquez. O Consello recibirá tamén en préstamo durante seis meses outras gravacións da Fundación para a súa copia e dixitalización, que poderán ser accesibles aos investigadores ou a través de Internet.