O novo vello cinema

O espectáculo Os irmáns lumieira mestura cinema mudo, música en directo e teatro

Imaxe de presentación de Os Irmáns Lumieira
Imaxe de presentación de Os Irmáns Lumieira
Proxectar vellos filmes mudos no seu formato orixinal de 16 milímetros acompañados de música ao vivo. Canda a isto, presentar as proxeccións como se estivésemos no comezo do século XX, achegando un compoñente teatral á experiencia. Por se fose pouco, rodar de xeito artesán unha curtametraxe orixinal empregando as fórmulas do comezo da sétima arte. A conxunción destas orixinais propostas é o que achega o espectáculo O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira, dirixido por Víctor Mosqueira. Carlos Meixide, Tomás Lijó e Suso Alonso achegan aos nosos escenarios esta produción na que encarnan os tres irmáns Lumieira, fillos dun emigrante galego que retornan ao país das súas orixes traendo o invento do cinematógrafo con eles.

O espectáculo, que se presentou en Compostela o pasado mes de abril, está a desenvolver a súa xira de actuacións, que xa pasou por Teo e mais polo Festival de Cans. Un filme de Harold Lloyd e outro de Buster Keaton, así como a historia inéditasna que os propios irmáns mudan a óptica do Faro de Fisterra son os elementos fílmicos desta Sesión número 1.

Galería: Os irmáns Lumieira

Galería: Os irmáns Lumieira

Tomás Lijó como irmán Lumieira mediano

Tomás Lijó como irmán Lumieira mediano

Suso Alonso como irmán Lumieira menor

Suso Alonso como irmán Lumieira menor

Carlos Meixide como Irmán Lumieira maior

Carlos Meixide como Irmán Lumieira maior

Imaxe dunha actuación dos Irmáns Lumieira

Imaxe dunha actuación dos Irmáns Lumieira

Os Irmáns Lumieira en plena actuación

Os Irmáns Lumieira en plena actuación

Fotografía da rodaxe do corto dos Lumieira no Faro de Fisterra

Fotografía da rodaxe do corto dos Lumieira no Faro de Fisterra

Suso Alonso na rodaxe do Faro de Fisterra

Suso Alonso na rodaxe do Faro de Fisterra

Dosier de presentación de O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira.