O XV premio Johán Carballeira de PoesÃa foi para Berta Dávila. O seu traballo RaÃz da fenda foi valorado en base á "mensaxe, o ton, a boa estruturación e en definitiva a sensibilidade que amosa". O xurado, composto por Calros Solla, Héitor Mera e Alfonso Láuzara, destacou especialmente que se trate "dun poemario limpo de artificio, carente de adobÃos innecesarios". Dávila, que se impuxo entre as 49 obras presentadas ao certame, leva o premio de 1.500 euros e verá a súa obra publicada polo Concello de Bueu.