Co gallo do Ano Celso Emilio Ferreiro, o Consello da Cultura Galega recupera este xoves, en aberto e de balde, o vello debate sobre o papel da emigración galega que fixera famoso o poeta celanovés a partir da publicación dos seus controvertidos poemas sobre a colectividade galega de Venezuela en 1968. Xosé Manuel Núñez Seixas, o coordinador da xornada, insÃstenos: o debate aÃnda non está pechado.
No ano 1968 Celso Emilio Ferreiro publica en Venezuela unha colección de poemas de gran impacto: Viaxe ao paÃs dos ananos. Nel dá conta da súa dramática experiencia cos emigrantes da Hermandad Gallega de Venezuela, organización da que fora expulsado ese mesmo ano tras graves disensións coa directiva. Que grao de compromiso teñen que ter os emigrantes galegos coa polÃtica e a identidade de Galicia?
“En realidade o debate vén de moito antes”, sinala o Catedrático de Historia Contemporánea da USC Xosé Manuel Núñez Seixas, coordinador do debate, “e está presente nos textos dos autores galeguistas e republicanos desde moito antes”. Núñez Seixas remóntase mesmo ata finais do XIX para asegurar a presenza deste debate sobre o papel e a actuación dos emigrantes en relación á cultura, á sociedade e á polÃtica do paÃs de orixe. “Era xente que demostraba unha maior valÃa por teren competido no mundo exterior ou pola contra son unha especie de traidores ou un desleigados? HabÃa moitos autores que pensaban que a emigración no fondo o que facÃa era restar folgos para a revolta”.
A xornada comezará no Consello da Cultura cun repaso biográfico á figura de Celso Emilio Ferreiro a cargo de Ramón Nicolás e a situación da inmigración galega en Venezuela en tempos de Celso Emilio, a cargo de Raúl Soutelo. Núñez Seixas falará sobre a interpretación da emigración galega que fai Celso Emilio e, por último, moderados por Ramón Villares, Xosé Neira Vilas, Román RodrÃguez, Anxo Lugilde e MarÃa Xosé Porteiro debaterán sobre a actualidade do debate e o papel da emigración. A xornada é gratuÃta e é preciso inscribirse no web do CCG.
En que medida estaba acertado Celso Emilio Ferreiro? El entrou na Hermandad Gallega cunha candidatura progresista e galeguista, e cando o bando opositor –máis próximo ao réxime franquista- gañou as eleccións foi cando comezaron os problemas. “HaberÃa que preguntarse se a reacción de Celso Emilio Ferreiro serÃa a mesma de teremigrado a Arxentina”, sinala Núñez Seixas, “Ferreiro sufre unha gran decepción porque tiña unha visión idealizada da emigración, pero a emigración venezolana era moi diferente. Estaba composta por xente que chegara a partires do 1947 ou 1948 para traballar na industria petrolÃfera e x aforan socializados no franquismo. A xente de Cuba, Arxentina ou Uruguai naceran nunha Galicia anterior e diferente”.
O debate continúa
“En certo xeito, este debate segue a existir hoxe, aÃnda que atemperado baixo a crise económica”, asegura Núñez Seixas, a través dos efectos inducidos pola reforma do voto dos residentes ausentes. “A súa presenza na escena polÃtica de Galicia é enorme, pero non só iso. Lembremos as tentativas de Fraga dos 90 para conseguir capital emigrante para dinamizar a economÃa galega ou a recente visita de Feijóo a Mexico para tentar infrutuosamente conseguir capital galego para Nova Galicia Banco”.