O Premio de Poesía Concello de Carral ten xa gañador este ano. Roi Vidal, coa obra Teatro, impúxose entre os 40 traballos presentados. O xurado, composto por Emma Pedreira, Antía Otero e Luciano Rodríguez destacou a linguaxe que emprega o autor nesta obra. Vidal levará 2.000 euros en metálico e verá a súa obra publicada por Espiral Maior.