O Consello da Cultura Galega ofrécese como foro de reflexión e debate perante a catástrofe do Prestige

Consello contra a catástrofe

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O plenario do Consello da Cultura Galega non quixo permanecer alleo á catástrofe do Prestige, polo que fixo público un comunicado que amosa a súa solidariedade cos afectados ó tempo que se ofrece como foro de reflexión pola perda que a catástrofe supón para o patrimonio. Aínda que considera que os “riscos poderían ser evitados” fai un chamamento ás autoridades españolas e comunitarias para dotar a Galicia dos medios técnicos, xurídicos e operativos axeitados para que catástrofes coma esta non volvan suceder. No mesmo comunicado esixe a medios e administracións que ofrezan unha información puntual e veraz sen “diminuir nin disimular a súa gravidade”. Ademais, en breve, promoverá unhas xornadas de estudio coa fin de obter conclusións que poidan ser de utilidade.

Máis información na web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Prestige, Plenario

Claves

Conceptos