A Fundación Carlos Casares organiza, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, os II Diálogos Literarios do Gaiás. Será unha xornada de reflexión ao redor da figura de Carlos Casares, reunindo a algúns dos seus compañeiros e amigos literarios para reflexionar sobre a década transcurrida na literatura. Entre os participantes estarán Marina Mayoral, Bieito Iglesias, Basilio Losada, Arcadio López-Casanova, Lasse Söderberg, Ana Luisa Amaral ou José María Merino.