A Secretaría Xeral da Emigración acaba de presentar a e-Biblioteca da Galeguidade, un web no que recolle as publicacións sobre a diáspora galega editadas pola propia Xunta. Polo momento, están dispoñibles doce volume para a súa lectura en liña e descarga en formato pdf. Os estudos Asociacionismo galego no Exterior ou Autoconcepto en hijos de emigrantes, o volume Casas de indianos, que analiza as vivendas construídas desde a emigración, ou obras sobre a presenza galega en Chile, A Habana, ou Arxentina son algunhas das obras que se poden consultar. A intención da secretaría xeral é continuar coa publicación en liña dos seus volumes.
Casas de Indianos, de Bores Gamundi, F. (Coord.).Libro íntegro