Un documental e un proxecto multimedia homenaxean os voluntarios do Prestige

Marea blanca está dirixido por Isabel Coixet

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cartel de Marea Blanca

Cartel de Marea Blanca

Co amparo dunha coñecida marca de cervexas e no marco da súa campaña internacional para coidar as praias, os voluntarios que participaron na recollida do fuel do Prestige das nosas costas están a recibir unha homenaxe. A directora de cinema Isabel Coixet dirixiu o documental Marea blanca, que recolle os testemuños dalgunhas das preto de 125.000 persoas que se achegaron a participar, hai agora dez anos, nas tarefas de limpeza da costa. O trailer está xa dispoñible na rede, e a estrea, tamén en liña, farase o vindeiro 17 de maio. Canda a isto, na rede pode verse unha fotografía de toda a Costa da Morte sobre a que se amosan testemuños, fotografías e vídeos dalgúns dos que participaron nesta marea.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Prestige, Fotografía, Morte...