En 1955, no transcurso dunha das súas viaxes como conferenciante e experto pesqueiro por América Latina, Valentín Paz Andrade redacta en Bogotá o Canto do pobo disperso, sete pezas poéticas que ensalzan o universo migratorio do pobo galego que o Consello da Cultura Galega editou e que hoxe podes descargar de balde.
Valentín Paz Andrade traballará en Bogotá en 1955, como experto da FAO (a organización de Nacións Unidas para a alimentación e agricultura), elaborando normativas para o artellamento das industrias pesqueiras. Será durante este tempo cando escriba a primeira versión do Canto do pobo disperso, inicialmente estruturado en sete "salmos", nos que o autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2012 compoña unha visión mítica da emigración galega.
E interesante de vez coñecer este proceso. "Ninguén pode considerar que os escritores galegos que publican nos anos cincuenta non coñecían ben a realidade do pobo que deciden idealizar. A experiencia da Guerra Civil déralles mostras abondo da vileza e a ruindade humana (...). Aínda así deciden crer no home, no pobo, tal vez porque só abrazando un ideal é posible sobrevivir na derrota", reflexiona María Xesús Lama, profesora de literatura galega na Universitat de Barcelona e autora da edición do Canto do pobo disperso que o Consello da Cultura Galega editou co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e que podes descargar de balde na Mediateca da institución.
"Tanto Luís Seoane como Paz-Andrade afrontan a emigración desde unha perspectiva épica", salienta Lama, "representando a experiencia migratoria como unha grande aventura colectiva". Entre os dous autores, valedores da cultura galega no exterior, hai lixeiras diferencias, segundo a editora, "mentres Seoane encontra a dimensión épica cantando por veces a loita titánica duns heores individuais con nome propio, os poemas de Paz-Andrade foxen cara á abstracción do protagonismo colectivo e constrúen unha interpretación mítica da emigración como explicación das orixes e da esencia identitaria dun pobo".
Canto do pobo disperso xira ao redor do concepto de "remigración", co que Paz Andrade representa a emigración como un proceso que o pobo galego viviu e reviviu ao longo dos séculos, nun itinerario desde as estepas do Leste de Europa ata as illas do Atlántico e posteriormente América. En consonancia coas crenzas culturais e arqueolóxicas da época, este relato diferénciase do resto da poesía de Paz-andrade. "O conxunto de produción poética de Paz-Andrade poderiamos considerala de circunstancias, pero este poemario preséntase como unha reflexión de máis longo alcance, unha interpretación arredor da historia e da identidade do pobo galego a partir do fenómeno migratorio".