Festiletras, o festival literario que cada ano se celebra no Couto (Ponteceso) arredor do Día das Letras chega ao seu 30 aniversario. E faino cun programa que se prolongará desde o día 16 ao 20 deste mes e que inclúe máis de trinta actos entre concertos, actuacións teatrais, presentacións literarias, maxia ou contacontos. Kepa Junkera, Guadi Galego e Xabier Díaz,La Troba Kung-Fú, Xosé Neira Vilas, Quico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín ou Cándido Pazó son algúns dos nomes que participarán no evento, que contará tamén cunha feira de artesanía e outra do libro.
Programa do Festiletras 2012.