A biblioteca do Consello da Cultura Galega acolle mañá a presentación de Canto do pobo disperso, poemario inédito de Valentín Paz Andrade. A edición facsimilar foi realizada pola institución e coordinada por María Xesús Lama, profesora da Universidade de Barcelona, e inclúe unha transcrición e mais un estudo introdutorio sobre a obra. No acto de presentación intrervirán Ramón Villares, presidente do CCG, Rosario Álvarez, vicepresidenta, e mais Alfonso Paz-Andrade, fillo do hemenaxeado.