A Universidade Alta Bretaña - Rennes 2 acaba de nomear o poeta e investigador galego Claudio Rodríguez Fer Doutor Honoris Causa. Os departamentos de español e bretón da institución académica impulsaron o nomeamento de Rodríguez Fer, que impartiu no seu día clases nesta institución e actualmente é profesor de Humanidades en Lugo. O acto de investidura desenvolverase o vindeiro 28 de xuño en Rennes.