O pasado 14 de abril, o antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro de Rei abría as súas portas para acoller Entolearte unha mostra de diferentes traballos creativos arredor deste edificio. Ao tempo, a Fundación María José Jove programa ao longo deste ano 15 encontros entre artistas galegos e persoas con discapacidade. Por se fose pouco, a Ágora da Coruña acolle este mes Encontro de artes pola integración un encontro que reflexiona sobre as posibilidades da creación coa discapacidade. A arte chama á integración.
Manuel Olveira coordina canda a Carlota Pérez de Encontro de artes pola integración, un proxecto que arrincou o pasado tres de maio na Ágora da Coruña. A iniciativa comprende tanto exposicións de artes plásticas como un ciclo de artes escénicas e outro de cinema coa integración como eixe. Ademais, desenvolverase un ciclo de conferencias no que se darán a coñecer unha serie de iniciativas sobre estas cuestións, ademais de obradoiros de formación. Segundo sinala Olveira, antigo director do Centro Galego de Arte Contemporánea , este primeiro encontro está pensado como unha aproximación, queriamos tratar un abano de colectivos e de posibilidades de traballar sen nos centrar nun ámbito concreto. Hai colectivos moi diversos e persoas con capacidades e discapacidades moi diversas. Desde terceira idade a presos, discapacitados físicos ou psíquicos ou enfermos mentais.
Contos breves
Desde a Fundación María José Jove iniciaron este ano o proxecto Arte contemporánea e discapacidade . A proposta reuniu a Antón Lamazares, Anxel Huete, Berta Cáccamo, Darío Basso, José Freixanes, Din Matamoro, Francisco Leiro, Fruela Alonso, Itziar Ezquieta, Jorge Barbi, Manolo Paz, Manuel Quintana Martelo, Pablo Gallo, Vicente Blanco e Xavier Corrrea Corredoira con outras tantas persoas con discapacidades psíquicas. Logo de varias sesións de formación e obradoiros durante os meses de xaneiro e febrero, os participantes comezaron a traballar con cadanseu artista. Nesta fase afondaron no seu proceso creativo e a partir disto fixeron unha versión propia dunha obra orixinal destes creadores. Segundo explican desde a fundación, realizáronse as versións coa mesma técnica e formato das obras orixinais, buscando achegas persoais aos traballos destes creadores. De cara ao vindeiro outono poderemos ver na exposición 15 contos breves e extraordinarios , o resultado deste traballo. Na mesma amosarase, para alén das obras rematadas, documentos, bosquexos e materiais do proceso de elaboración de cada unha delas, así como o traballos orixinais que as inspiraron. O proxecto xirará por diferentes cidades galegas e irá acompañado de coloquios e actividades educativas, así como dun vídeo que amosará o proceso de elaboración.
Entolearte
A coincidir o feche do Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei), a Rede Museística da Deputación de Lugo organizou o proxecto Entolearte, unha iniciativa na que se convidou a 70 creadores a realizar proxectos encol deste centro con vistas a transformar o que foi un espazo de represión nun espazo de liberdade. Logo de coñecer o espazo, os resultados creativos puideron verse o 14 de abril nunha xornada de portas abertas. O proxecto incluíu a exposición fotográfica Entre Marbella e Torremolinos, que Xosé Reigosa realizou sobre este espazo e os seus internos e que xa fora o eixe, a finais do pasado ano, dun ciclo de conferencias e debates arredor de cuestións de arte e psiquiatría.
Evolución social da arte
Olveira considera que o interese pola discapacidade e a exclusión desde o mundo das artes é un síntoma de normalidade neste sector. Penso que conflúen varias dinámicas. Por unha banda existen uns colectivos que precisan atención, isto é innegable. Canda a isto, existen unha serie de prácticas artísticas que se vinculan tradicionalmente aos territorios da desigualdade e buscan fomentar a participación social e a inclusión destes colectivos no discurso e na visibilidade colectiva. Canda a isto En Europa en xeral, e no Estado Español en particular, tivemos un primeiro momento de normalización da arte que foi a creación dunha serie de contedores para acoller a creación. Logo buscouse desenvolver unhas programacións para amosar unhas artes que durante moito tempo non se puideron ver. Había unha necesidade de amosar, en grande medida pola lagoa histórica que provocou a ditadura. Unha vez cuberto isto, o que quedaba por facer era involucrar activamente o público nos proxectos artísticos, e este é o período que estamos a inaugurar sinala Olveira. Isto coincide tamén cunha crise sistémica e un recorte de dereitos sociais e de programas para atención de certos colectivos.
Xeitos de traballar
Ao ver deste comisario, a variedade temática e formal das artes permite toda unha variedade de aplicacións á hora de traballar con discapacidades. Depende moito do colectivo co que se traballe. Algúns desenvólvense moi ben nas artes vivas como as performances ou o teatro. Hai outros aos que se lle dan mellor as plásticas. Logo a nivel individual, atópase xente con habilidades moi variadas. Olveira sinala dous xeitos de traballar coa arte a prol da integración. Unha das opcións é buscar artistas que co seu traballo poidan servir de altofalante para facernos escoitar a realidade destas persoas excluídas do ámbito público e social. Canda a isto hai persoas que empregan a arte nos seus ámbitos de reclusión. Como exemplo das dúas maneiras de empregar a creación neste campo sinala que, no programa que coordina, pódese atopar tanto unha mostra de fotografías realizadas por un creador que traballou con presos nunha cadea como imaxes e textos producidos por eses mesmos presos.
A historia
Para alén denunciar procesos de exclusión na actualidade, a arte ten tamén un grande potencial para os traballar a nivel histórico. No ciclo tentamos rescatar produción vencellada aos territorios da exclusión. Non é sinxelo atopar moitas cousas, pero si recuperamos un texto de Julia Montilla e, coa colaboración do CGAI, atopamos dous álbums de fotografías do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, un traballo moi bo que debería dar pé para outras producións no futuro. É moi importante entendermos non só a situación actual senón tamén a historia.
O potencial no espectador
Para alén do xeito no que o traballo coa arte pode visibilizar ou permitirlles expresarse ás persoas que fan parte destes colectivos, Olveira defende que a arte vencellada a estas cuestións ten tamén un grande potencial de conexión co espectador. Aínda que as reaccións son moi diversas, moita xente está a descubrir que existen outros mundos. Descobren que hai persoas que habitan eses mundos e que teñen moito que dicir. Durante moito tempo a súa ollada ou voz non nos chegou, e cando chegan sorprenden porque falan da exclusión, pero tamén da diferenza e da fraxilidade, e vese que todos temos diferenzas. Con proxectos como estes, moitos sectores do público aprenden a se coñecer mellor a si mesmos. Dentro do Encontro de artes pola Integración hoxe mesmo comezan as proxeccións da mostra de cinema no Centro Galego de Artes de Imaxe, e Olveira adianta a vindeira edición da obra colectiva que recolle os traballos que fan parte do programa.
Programa de Artes e integración.Manuel Olveira coordina canda a Carlota Pérez de Encontro de artes pola integración, un proxecto que arrincou o pasado tres de maio na Ágora da Coruña. A iniciativa comprende tanto exposicións de artes plásticas como un ciclo de artes escénicas e outro de cinema coa integración como eixe. Ademais, desenvolverase un ciclo de conferencias no que se darán a coñecer unha serie de iniciativas sobre estas cuestións, ademais de obradoiros de formación. Segundo sinala Olveira, antigo director do Centro Galego de Arte Contemporánea , este primeiro encontro está pensado como unha aproximación, queriamos tratar un abano de colectivos e de posibilidades de traballar sen nos centrar nun ámbito concreto. Hai colectivos moi diversos e persoas con capacidades e discapacidades moi diversas. Desde terceira idade a presos, discapacitados físicos ou psíquicos ou enfermos mentais.
Contos breves
Desde a Fundación María José Jove iniciaron este ano o proxecto Arte contemporánea e discapacidade . A proposta reuniu a Antón Lamazares, Anxel Huete, Berta Cáccamo, Darío Basso, José Freixanes, Din Matamoro, Francisco Leiro, Fruela Alonso, Itziar Ezquieta, Jorge Barbi, Manolo Paz, Manuel Quintana Martelo, Pablo Gallo, Vicente Blanco e Xavier Corrrea Corredoira con outras tantas persoas con discapacidades psíquicas. Logo de varias sesións de formación e obradoiros durante os meses de xaneiro e febrero, os participantes comezaron a traballar con cadanseu artista. Nesta fase afondaron no seu proceso creativo e a partir disto fixeron unha versión propia dunha obra orixinal destes creadores. Segundo explican desde a fundación, realizáronse as versións coa mesma técnica e formato das obras orixinais, buscando achegas persoais aos traballos destes creadores. De cara ao vindeiro outono poderemos ver na exposición 15 contos breves e extraordinarios , o resultado deste traballo. Na mesma amosarase, para alén das obras rematadas, documentos, bosquexos e materiais do proceso de elaboración de cada unha delas, así como o traballos orixinais que as inspiraron. O proxecto xirará por diferentes cidades galegas e irá acompañado de coloquios e actividades educativas, así como dun vídeo que amosará o proceso de elaboración.
Entolearte
A coincidir o feche do Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei), a Rede Museística da Deputación de Lugo organizou o proxecto Entolearte, unha iniciativa na que se convidou a 70 creadores a realizar proxectos encol deste centro con vistas a transformar o que foi un espazo de represión nun espazo de liberdade. Logo de coñecer o espazo, os resultados creativos puideron verse o 14 de abril nunha xornada de portas abertas. O proxecto incluíu a exposición fotográfica Entre Marbella e Torremolinos, que Xosé Reigosa realizou sobre este espazo e os seus internos e que xa fora o eixe, a finais do pasado ano, dun ciclo de conferencias e debates arredor de cuestións de arte e psiquiatría.
Evolución social da arte
Olveira considera que o interese pola discapacidade e a exclusión desde o mundo das artes é un síntoma de normalidade neste sector. Penso que conflúen varias dinámicas. Por unha banda existen uns colectivos que precisan atención, isto é innegable. Canda a isto, existen unha serie de prácticas artísticas que se vinculan tradicionalmente aos territorios da desigualdade e buscan fomentar a participación social e a inclusión destes colectivos no discurso e na visibilidade colectiva. Canda a isto En Europa en xeral, e no Estado Español en particular, tivemos un primeiro momento de normalización da arte que foi a creación dunha serie de contedores para acoller a creación. Logo buscouse desenvolver unhas programacións para amosar unhas artes que durante moito tempo non se puideron ver. Había unha necesidade de amosar, en grande medida pola lagoa histórica que provocou a ditadura. Unha vez cuberto isto, o que quedaba por facer era involucrar activamente o público nos proxectos artísticos, e este é o período que estamos a inaugurar sinala Olveira. Isto coincide tamén cunha crise sistémica e un recorte de dereitos sociais e de programas para atención de certos colectivos.
Xeitos de traballar
Ao ver deste comisario, a variedade temática e formal das artes permite toda unha variedade de aplicacións á hora de traballar con discapacidades. Depende moito do colectivo co que se traballe. Algúns desenvólvense moi ben nas artes vivas como as performances ou o teatro. Hai outros aos que se lle dan mellor as plásticas. Logo a nivel individual, atópase xente con habilidades moi variadas. Olveira sinala dous xeitos de traballar coa arte a prol da integración. Unha das opcións é buscar artistas que co seu traballo poidan servir de altofalante para facernos escoitar a realidade destas persoas excluídas do ámbito público e social. Canda a isto hai persoas que empregan a arte nos seus ámbitos de reclusión. Como exemplo das dúas maneiras de empregar a creación neste campo sinala que, no programa que coordina, pódese atopar tanto unha mostra de fotografías realizadas por un creador que traballou con presos nunha cadea como imaxes e textos producidos por eses mesmos presos.
A historia
Para alén denunciar procesos de exclusión na actualidade, a arte ten tamén un grande potencial para os traballar a nivel histórico. No ciclo tentamos rescatar produción vencellada aos territorios da exclusión. Non é sinxelo atopar moitas cousas, pero si recuperamos un texto de Julia Montilla e, coa colaboración do CGAI, atopamos dous álbums de fotografías do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, un traballo moi bo que debería dar pé para outras producións no futuro. É moi importante entendermos non só a situación actual senón tamén a historia.
O potencial no espectador
Para alén do xeito no que o traballo coa arte pode visibilizar ou permitirlles expresarse ás persoas que fan parte destes colectivos, Olveira defende que a arte vencellada a estas cuestións ten tamén un grande potencial de conexión co espectador. Aínda que as reaccións son moi diversas, moita xente está a descubrir que existen outros mundos. Descobren que hai persoas que habitan eses mundos e que teñen moito que dicir. Durante moito tempo a súa ollada ou voz non nos chegou, e cando chegan sorprenden porque falan da exclusión, pero tamén da diferenza e da fraxilidade, e vese que todos temos diferenzas. Con proxectos como estes, moitos sectores do público aprenden a se coñecer mellor a si mesmos. Dentro do Encontro de artes pola Integración hoxe mesmo comezan as proxeccións da mostra de cinema no Centro Galego de Artes de Imaxe, e Olveira adianta a vindeira edición da obra colectiva que recolle os traballos que fan parte do programa.
Galería: Artes e integración
Darío Basso e Gabriel López traballan no encontro Arte contemporánea e discapacidade.Fonte: Fundación María José Jove
Ánxel Huete e David Vázquez no encontro Arte contemporánea e discapacidade.
Fonte: Fundación María José Jove
Imaxe de Entre Marbella e Torremolinos de Xosé Reigosa
Fonte: Web de Xosé Reigosa http://www.josereigosa.blogspot.com.es
Unha das obras do proxecto Entolearte
Fonte: Rede Museística da Deputación de Lugo
Imaxe de Entre Marbella e Torremolinos de Xosé Reigosa
Fonte: Web de Xosé Reigosa http://www.josereigosa.blogspot.com.es
Imaxe do obradoiro Outro xeito de bailar de Naria Adame
Fonte: Encontro de artes pola integración

Imaxe do espectáculo Danza Mobile no teatro Rosalía de Castro
Fonte: Encontro de artes pola integración
Imaxe da mostra Estancias, de Rubén Vilanova