Os gandeiros de Oia suspenden os curros en protesta 'polo microchip'

A protesta afectará á celebración de catro curros

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Os gandeiros de Oia veñen de facer efectiva a súa protesta contra a nova normativa da Xunta que pretende imprantar microchips nas bestas do monte. Os gandeiros afirman que o microchip é moi caro e que a Unión Europea admitiu a trámite a denuncia que presentaron contra a súa obrigatoriedade, e piden á Xunta que agarde pola resolución europea. Entrementres, tomaron medidas de protesta: os catro primeiros curros que se celebrarán este ano en Galicia quedan clausurados. Son os curros de Valga, Torroña, Mougás e San Cibrán. Os gandeiros afirman que eles non teñen ánimo de lucro cos curros e advirten que a protesta se pode estender a case todos os curros da provincia.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Unión Europea

Claves

Entidades
Lugares