MexilOnseTuits presenta o mellor do marketing en redes sociais

Celébrase en Bueu o 9 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Internet
Compartir:

Co obxectivo de converterse un punto de encontro para facer networking entre empresas e emprendedores, organizouse en Bueu para este 9 de xuño o Festival Social Media de Galicia ou "MexilOns e Tuits", que quere outorgar uns Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais, que galardoarán blogs, iniciativas publicitarias, destreza no uso das redes sociais para crear riqueza...

Festival Social Media de Galicia que leva por nome MexilOnseTuits, e que busca ser un punto de encontro para o networking, onde empresas e emprendedores poidan compartir ideas e contribúan á creación de sinerxías para futuros traballos.
Como eixe deste encontro teremos os Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais, que nacen para galardoar os mellores traballos galegos de marketing nas plataformas de comunicación social como Facebook, Twitter, blogs, YouTube... co fin de promocionar experiencia de éxito. Os premios repártense en 10 categorías distintas nas que buscan destacar blogs (gastronómicos, de turismo, informativos e de moda), campañas, axencias galegas e, para unha maior proxección, tamén se incluirá unha mención especial a unha campaña feita no territorio español.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bueu, Twitter, Turismo, Facebook...

Claves

Entidades
Lugares