"É a maior festa cultural de Europa", dixo Méndez FerrÃn na presentación da programación que a Real Academia Galega preparou para celebrar os 50 anos do DÃa das Letras Galegas. Un libro gratuÃto para os estudantes de Bacharelato co información sobre os 50 autores, cincuenta microespazos na Televisión de Galicia no que os académicos "glosarán" a figura dos 50 escritores homenaxeados, un suplemento distribuÃdo pola Voz de Galicia, "mil coleccións-exposicións de cincuenta carteis e a edición dun libro conmemorativo" para librerÃas, institutos e bibliotecas, e un acto cÃvico na Praza de MarÃa Pita que se celebrará o 16 de xuño, no que os escolares esparexerán sete "materias simbólicas" vinculadas ás casas de sete escritores e os alcaldes dos concellos nativos dos autores homenaxeados turnaranse para recitar textos,segundo informou El PaÃs.