A Xunta de Galicia culminou hoxe o proceso polo cal a Fundación Camilo José Cela pasa a estar integrada no sector público. A entidade con sede en Iria Flavia, que xa viña recibindo cuantiosas axudas para o seu funcionamento, realizará asà o camiño que vai do privado ao público, unha dirección de proceso pouco habitual de ver nestes tempos. Esta integración resulta necesaria para asegurar a viabilidade e supervivencia económica desta fundación dedicada ao legado do premio Nobel de Literatura nacido en Padrón e é consecuencia do convenio asinado pola Xunta en 2010 coa fundación para participar de forma máis activa no seu financiamento, achegando máis do 50% dos seus ingresos. Ante a situación crÃtica na que estaban as contas da fundación ao ver rebaixadas drasticamente as achegas privadas de patrocinio e acumular débedas o Parlamento promoveu en 2010 unha iniciativa neste sentido apoiada polo PSdG e o PP e a abstención do BNG.
Segundo o convenio a fundación que estaba nunha mala situación económica comprometeuse a realizar un plan de axuste económico financeiro para garantir a súa estabilidade financeira e un axuste máximo das previsións de gasto ás previsións de ingresos no perÃodo 2011-2015. O anterio padroado aprobou ademais a cesión dos fondos do legado do Nobel á Cidade da Cultura. O padroado da fundación pasará agora a ser presidido polo conselleiro competente na materia de cultura, neste caso Xesús Vázquez , e a composición do padroado pasará a estar formada por dez membros propostos pola Xunta de Galicia. Ademais, serán membros natos o alcalde do Concello de Padrón, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela e os presidentes das catro deputacións provinciais. Doutra banda, haberá un membro designado pola Casa Real, un pola Universidade de Santiago de Compostela e outro pola Universidade Camilo José Cela.