Aínda que con data de 2010, acaba de ver a luz o número 371 do Boletín da Real Academia Galega. A publicación céntrase na figura de Uxío Novoneyra e recolle relatorios e conferencias que fixeron parte do congreso dedicado ao poeta en 2011. Canda isto, no volume poden lerse os discursos que sobre Novoneyra deron Manuel Rivas, Margarida Ledo, Darío Xohán Cabana e Manuel González con ocasión do Día das Letras. Artigos de investigación de Carlos Búa, Rosario Álvarez e Xosé Luís Rodríguez Montederramo e mais de I. Félix Neira completan os contidos da entrega, que se pode consultar de xeito íntegro no web da RAG.
Boletín da Real Academia Galega, 371.