O traballo de ValentÃn Paz Andrade e mais de Isaac DÃaz Pardo como emprendedores galeguistas centran o número 193 da revista Grial, que acaba de saÃr do prelo. Textos dos dous persoeiros, artigos sobre o seu traballo da man de Xoán López Facal, UxÃo Labarta ou Fernando Salgado, asà como lembranzas de Alonso Montero e Neira Vilas sobre a figura do fundador de Sargadelos ocupan boa parte desta entrega. Canda a isto, un artigo sobre as posibilidades de Galicia como parte da LusofonÃa, da man de Henrique Monteagudo e SerafÃn Alonso Pintos, ou unha análise sobre xornalismo e novos medios da man de Carlos G. Reigosa son outros dos contidos que se poden atopar no número.