"Ata que non o ves todo xunto non te das conta da importancia que ten", reflexiona en voz alta Xesús Baños, presidente da Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico de San Antón (A Coruña). Desde hai ano e medio, este activista cultural leva recompilando o patrimonio artístico producido por galegos ou por artistas foráneos en Galicia que figura hoxe fóra do país, nalgunhas das mellores coleccións museográficas do mundo. E o conxunto impresiona.
A idea de Xesús Baños era moi sinxela, un exercicio persoal dun amante da Arte e da Historia: "Que obras tería que ter un Museo Nacional Galego?". Ao pensalo, Suso decatouse de que moitas das grandes pezas que deberan figurar nese Museo estarían hoxe fóra de Galicia. Os séculos XIX e XX foron decisivos para efectuar este espolio, que continuo en certo xeito ata hoxe. "O Cristo en Maxestade da catedral de Ourense", informa abraiado Baños, "foi mercado polo museo Getty de Los Ángeles hai a penas cinco anos, e non houbo nin exercicio de retracto nin nada".
Con este exercicio imaxinativo, Xesús Baños crea algo fascinante: o catálogo coidadosamente ilustrado dun Museo que non existe, o Museo Nacional de Galicia, que percorre a arte do noso país ao longo de máis de dous mil anos de Historia. Os libros circulan de man en man, de xeito privado e entre amigos que exploran abraiados unha colección fascinante de arte digna dos mellores museos do mundo, onde están boa parte das pezas. Baños chámalle así: "O soño roubado".
Ao longo de tres entregas, entre esta semana que vén, percorreremos con Xesús Baños, este Museo Imaxinario. Esta é a súa selección e os seus comentarios.
Título: Xoven romano
Cronoloxía: primeira metade do século I
Procedencia: Ponte Punide, O Pino
Ubicación actual: Museo Arqueológico Nacional, Madrid
Comentario: Entre os restos romanos atopados en Galicia non abundan as estatuas de bronce. Ésta, de pouco máis de 30 cm. de altura, é unha das máis significativas. Representa a un home togado, símbolo do pater familias.
Título: Tenante de altar
Cronoloxía: cara á 1152
Procedencia: San Paio de Antealtares, Santiago de Compostela
Ubicación actual: Fogg Museum, Harvard
Comentario: Unha das obras senlleiras do románico galego, que coas dúas columnas conservadas no Arqueológico Nacional e unha máis desaparecida, sosterían unha ara. Cada un dos tenantes ten esculpidas as imaxes de tres apóstolos. Ao estar exentos permiten a visualización de todas elas.
Título: Cristo en Maxestade
Cronoloxía: Finais do século XII
Procedencia: Catedral de Ourense
Ubicación actual: The J. Paul Getty Museum, Los Angeles
Comentario: Sorprende que unha peza como esta fose adquirida no ano 2007 a un coleccionista privado sen que ninguén en España e en Galicia dixeran nada ao respecto. O museo americano levanta moita controversia porque algunha das obras que merca proceden do tráfico ilegal de obras de arte, e xa se viu obrigado a devolver pezas a Italia ou a Grecia.
Título: Báculo de Mondoñedo
Cronoloxía: Arredor do ano 1200
Procedencia:
Ubicación actual: Museu dArt de Catalunya, Barcelona
Comentario: Unha fermosa peza realizada nun taller de Limoges. A obra ten unha historia accidentada. Procedería dun sarcófago atribuido ao bispo de Ribadeo, Pelayo de Cebeira (iso é o que di a información do Museu d'Art de Catalunya, posiblemente errónea) e mediados do século XIX foi depositada na catedral de Mondoñedo. No ano 1932 foi adquirido polo museo barcelonés a un coleccionista catalán pero ¿cómo chegou a éste?
Título: Cristo en Maxestade
Cronoloxía: arredor do ano 1200
Procedencia: mosteiro de Carboeiro, Silleda
Ubicación actual: Museu Marés, Barcelona
Comentario: formaba parte do tímpano principal do mosteiro de Carboeiro. Chegou ao museo barcelonés dun xeito dudoso. Logo do invertido na recuperación deste monasterio do país do Deza habería que lograr que as pezas (hai outro relevo dese tímpano consevado tamén no museo) fosen restituidas ao seu emprazamento orixinal.