A poeta Olga Novo, co seu poemario Cráter (Toxosoutos) e o novelista Antón Riveiro Coello coa obra Laura no deserto (Galaxia) foron galardoados cos Premios da CrÃtica Española 2011 en lingua galega. O xurado destacou de Cráter que "cinza, lava, pedra e rocha son fenómenos que acompañan a erupción dun volcán, e no poemario Cráter representan as "emanacións vitais" da autora, aquà poetizadas". Pola súa banda, de Laura no deserto, o xurado destacou que "o autor compón con mestrÃa varias historias arredor do sentimento de culpa en situacións de inferno colectivo".