Olga Novo e Antón Riveiro Coello fanse cos Premios da Crítica Española 2011 en lingua galega

O poemario Cráter e a novela Laura no deserto son as obras gañadoras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A poeta Olga Novo, co seu poemario Cráter (Toxosoutos) e o novelista Antón Riveiro Coello coa obra Laura no deserto (Galaxia) foron galardoados cos Premios da Crítica Española 2011 en lingua galega. O xurado destacou de Cráter que "cinza, lava, pedra e rocha son fenómenos que acompañan a erupción dun volcán, e no poemario Cráter representan as "emanacións vitais" da autora, aquí poetizadas". Pola súa banda, de Laura no deserto, o xurado destacou que "o autor compón con mestría varias historias arredor do sentimento de culpa en situacións de inferno colectivo".

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Olga Novo, Antón Riveiro Coello, Lingua galega, Toxosoutos...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares