Dous dos ámbitos nos que máis relevante foi o papel das asociación culturais dos 60 e dos 70 foron o ensino da lingua galega –que o franquismo prohibÃa na educación oficial- e un importante movemento a prol da liturxia en galego. Repasamos con Ricardo Gurriarán, comisario da exposición Un canto e unha luz na noite e algúns dos protagonistas da época estes dous ámbitos.
Repasamos dous dos ámbitos temáticos nos que máis traballaron as asociacións galegas das últimas décadas do franquismo. Un bo feixe de documentos sobre estas temáticas pode contemplarse na exposición Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), que pode verse a partir de hoxe ás 19.30 no Muso do Pobo Galego en Santiago de Compostela, organizada polo Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de marzo.
As clases de galego
QuerÃan recibir clases de galego pero non habÃa nin profesorado para facelo. Pero non por iso desistiron, e sorpresivamente, as aulas de lingua galega enchéronse por toda Galicia. “habÃa que improvisar ata o profesorado”, sinala Ricardo Gurriarán, “os universitarios que estaban a metade de carreira eran os profesores”. As asociacións culturais dos 60 e 70 converteron á lingua galega en bandeira. “QuerÃan revitalizar o uso social do galego dentro de todas as ordes da sociedade e en todo o tecido asociativo a promoción da lingua foi habitual”, lembra Gurriarán.
A creación de cursos en lingua galega conlevou crear o marco para impartir a docencia con garantÃas. “No ano 1966 xa houbo un seminario de didáctica galega”, sinala Gurriarán, “no que se amosa o importante que é xa de a quela a fixación das normas ortográficas”. Xosé Luis Franco Grande lembra as primeiras clases de galego que impartiu con Méndez FerrÃn en Vigo, e revela a precariedade aÃnda de documentación e materiais para facelo. “Chegamos ao acordo de impartir as clases coa gramática de Saco y Arce”, comenta o profesor Franco Grande en referencia a unha das primeiras gramáticas galegas, que aquel crego editara en Lugo por primeira vez en 1865. Cen anos despois da súa primeira edición, a vetusta Gramática será o manual das primeiras clases en galego do franquismo.
Se os materiais eran parcos, a asistencia de alumnos “era impresionante”, explica Ricardo Gurriarán, “hai cursos con cento e pico de alumnos na Coruña”. Pero non era un conglomerado heteroxéneo: “O ensino da lingua converxeu nalgunhas entidades onde a burguesÃa local máis ilustrada tiña certa permeabilidade”. Gurriarán perfila o tipo de público: “o enfoque era nun primeiro momento de elites para elites. Estamos falando de profesionais liberais, xente formada”. Franco Grande lembra moita xente nova e “bancarios”. Gurriarán tamén enfatiza, en Vigo, o papel dos empregados de banca, nomeadamente na Caixa, en tarefas culturais galegas. “Penso que Xaime Isla Couto fixo un papel notable entre eles”, asegura Franco Grande, e Gurriarán coincide. En Vigo, os traballadores de banco crearán unha notable escola de valedores da cultura.
Liturxia en galego
Outro dos elementos clave para comprender o asociacionismo dos 60 e 70 é comprender o papel de “canteira” dos movementos seglares da Igrexa Católica. Durante moito tempo, o franquismo non permitirá, alén dos clubes de fútbol, as asociacións civÃs nacÃan ao abeiro da Igrexa.
“A Igrexa galega non era moi distinta ao resto da sociedade da época”, asegura o crego Martiño Montero, un dos grandes defensores do uso do galego dentro da igrexa, “habÃa unha minorÃa que apoiaba a lingua galega e unha gran maiorÃa moi conservadora”. Montero Santalla sinala o Concilio Vaticano II coma o punto de inflexión. “O tema das linguas vernáculas xa foi un dos primeiros en ser discutidos”, indica, e “iso combÃnase coa situación xeral que habÃa en España de rebeldÃa e acción polÃtica fronte a un franquismo que reprimÃa as linguas”.
Martiño Montero sinala como na súa xeración o galego colleu pulo a partir da relación que un grupo de cregos e seminaristas tiñan en Roma coa igrexa catalana e vasca. “Viamos que eles tiñan unha actitude que nós non tiñamos”, sinala Montero, “aÃnda que habÃa pasos. Morente e Espiña publicaron unha tradición dos Evanxeos con certo éxito entre o 65 e o 66”. Sen embargo, non era doado. “Os movementos seglares católicos eran movementos obreiros bastante desgaleguizados”, subraya Martiño Montero.
Malia iso, protagonizáronse sonoras portadas, como a provocadora de Signo, “La Iglesia no habla la misma legua que los gallegos”, cun texto demoledor sobre actitudes e tópicos que se pode descargar como documento nesta reportaxe. “Houbo moitos grupos de mozos que desde os núcleos asociativos reivindicaron a lingua”, sinala Gurriarán. Aqueles esforzos confluÃron para Martiño Montero no Concilio Galego do ano 77-78. Unha das ponencias que se defendeu foi a obrigatoriedade de impartir alomenos unha misa ao domingo en galego por parroquia. ¿Variou moito a situación do galego na Igrexa desde aquela?”, preguntámoslle. Témome que non”, contestou Martiño Montero resignado, “nunca se chegou a cumprir. Eu aceptarÃa que volvera esa idea do concilio se cumprira”. “A verdade”, finaliza Montero, “é que neste tema non hai outra situación”.
"La Iglesia no habla la misma lengua que los gallegos", reportaxe en Signo.Repasamos dous dos ámbitos temáticos nos que máis traballaron as asociacións galegas das últimas décadas do franquismo. Un bo feixe de documentos sobre estas temáticas pode contemplarse na exposición Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), que pode verse a partir de hoxe ás 19.30 no Muso do Pobo Galego en Santiago de Compostela, organizada polo Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de marzo.