Este sábado 14 de abril o xurado do XII Premio de PoesÃa Fiz Vergara Vilariño que organiza o concello de Sarria outorgou o premio á obra Abecedario póstumo de Cristina Ferreiro. Os membros do xurado estimaron na obra "o seu ritmo, por tratarse dunha peza non compartimentada, na que estamos ante un poema longo que inclúe textos de prosa poética e no que se reflicte a contemporaneidade máis actual". O xurado estivo composto por AntÃa Otero, Estevo Creus, Francisco X. Fernández Naval e MarÃa Casar.