Con ocasión dos seus 25 anos en activo, a librarÃa compostelá Kómic, pioneira entre as especializadas en BD no noso paÃs, prepara un intenso programa de actividades. Os actos comezan o vindeiro 3 de maio ás 18 horas coa presentación da obra O pobre tolo, de Iván Suárez e Inacio Vilariño, coeditado pola librarÃa con Demo Editorial. No dÃa seguinte inaugurarase, no Centro Sociocultural do Ensanche unha exposición de orixinais desta obra, á cal haberá visitas guiadas ata o dÃa 19. Ademais, a Sala Capitol acollerá o dÃa 11 un concerto de The Sweet Vandals e Banda Aparte para o que xa se poden adquirir as entradas.
Programa de actividades dos 25 anos da LibrarÃa Kómic.