O Concello de Neda organiza, en colaboración coa Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña, as X Xornadas Literarias, que este ano están centradas nunha atÃpica personaxe das letras: Bob Dylan. As xornadas celebraranse entre o 18 e o 20 de abril. Investigadores coma o catedrático da Universidade de Vigo, César Candelas, o poeta Vicente Araguas ou mesmo o anterior conselleiro de Cultura, Roberto Varela, analizarán a poética dylaniana. Antonio GarcÃa Teijeiro presentará o seu libro "Petando nas portas de Dylan". Concertos e proxeccións combÃnanse cos relatorios e as mesas redondas.