O ámbito educativo é o sector predominante na edición de libros electrónicos en Galicia, tanto na investigación universitaria como nos materiais didácticos para profesores e alumnos de secundaria. Asà o revela unha análise dos libros electrónicos dos formatos máis populares con ISBN de 2011. Malia ser a USC a editora con maior número de libros electrónicos, o emprendemento privado é por agora clave no sector.
A finais de marzo o Ministerio de Cultura fixo públicos os datos do informe Situación actual y perspectivas del libro digital en España II, nos que se indicaba que o pasado ano publicáronse en Galicia 470 libros electrónicos, un 13,4% do total da produción editorial galega. En culturagalega.org fixemos unha análise das categorÃas máis populares de publicación electrónica (CD-Rom, DVD, ebook en diferentes formatos, pdf) na base de datos do ISBN para coñecer como se configura a oferta en galego para o libro electrónico.
A educación, primeiro sector
Fonte: ISBN. Elaboración: culturagalega.org
Os primeiros resultados revelan que o libro electrónico, nos seus diferentes formatos e tipos, está especialmente orientado ao sector educativo, sumando un 55% dos tÃtulos analizados, se ben a implementación dos libros electrónicos está máis estendido no ámbito universitario (un 35% do total); as teses de doutoramento son o formato máis habitual, aÃnda que tamén se localizan outro tipo de publicacións, como actas de congresos ou mesmo coleccións de divulgación. No caso do ensino secundario, os materiais son moi diversos: desde guÃas didácticas para mestres ata material orientado directamente aos alumnos (o 82% do total desta categorÃa). Outras dúas categorÃas teñen porcentaxes significativos: as coleccións administrativas e lexislativas (un 17%) e a literatura (un 25%). A elevada porcentaxe da literatura debe ser precisada: unha significativa parte das edicións son de clásicos libres de dereitos de autor. A presenza da creación literaria contemporánea galega é moi reducida, case inexistente.
As porcentaxes son relativamente similares ás doutros paÃses con libros electrónicos antes da eclosión da ficción para dispositivos de lectura como Kindle e plataformas de comercialización centradas directamente na venda de libro electrónico como Amazon.
Propiedade das editoras de libro electrónico. Fonte: ISBN. Elaboración: culturagalega.org
Os datos ofrecen unha interesante paradoxa: mentres que a principal editora electrónica é pública (a Universidade de Santiago de Compostela, que editou un 21% dos tÃtulos consignados para 2011), o emprendemento na edición dixital vén dado por editoras privadas (un 71% do total). Os datos revelan as dificultades das outras universidades galegas para estandarizar o libro electrónico como parte do proceso académico, pero tamén doutras institucións (hai que ter en conta que hai outras entidades que obteñen ISBN para libro en papel e logo dispoñibilizan unha versión en PDF das súas edicións sen obter ISBN respectivo), pero tamén doutras institucións. Tamén indican a aÃnda morna aposta dixital de moitas das editoras, que publican un número moi reducido de tÃtulos en formatos electrónicos.
Libros electrónicos en galego por formatos. Fonte: ISBN. Elaboración: culturagalega.org
A dÃa de hoxe o formato maioritario de uso de libros electrónicos é xa directamente a publicación en Internet (un 45%), o CD segue a ser un formato de relevancia (un 34%), que soportes ópticos coma o DVD non conseguiron substituÃr. Sen embargo, a presenza de formatos especÃficos de lectura dixital, como ePUB, .mobi ou aplicacións especÃficas é aÃnda reducida dentro do conxunto (un 17% do total).