A escritora Helena Villar Janeiro renunciará á presidencia dunha das fundacións máis senlleiras do paÃs, a de RosalÃa de Castro, o vindeiro 12 de abril. Villar afirmou que a súa renuncia é, en realidade, un adianto de pouco máis dun ano do momento no que terÃa que abandonar a presidencia por estatutos. Durante a xuntanza do plenario do 12 de abril, Helena Villar lerá un informe sobre a súa xestión desde o 2005, canda outro do tesoureiro. A vicepresidenta, Ana Blanco, asumirá temporalmente a presidencia da entidade ata a convocatoria e celebración de eleccións.