O pasado ano publicáronse en Galicia 470 libros electrónicos, un 13,4% do total da produción editorial galega. Os datos proceden do informe Situación actual y perspectivas del libro digital en España II que presentou recentemente o Observatorio de la Lectura y el Libro do Ministerio de Cultura. No mesmo, que extrae as súas cifras do rexistro do ISBN, saliéntase o destacado incremento de obras electrónicas editadas na nosa lingua durante 2011, un total 323 lanzamentos neste formato fronte aos 102 rexistrados en 2010, o que supón un incremento do 216,7% fronte ao crecemento medio dun 44% no conxunto das linguas estatais.