Allariz acollerá un Outlet do Libro Galego

O evento realizarase entre o 31 de marzo e o 8 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O concello de Allariz, a libraría Airas das Letras e a Asociación Galega de Editores promoverán entre o 31 de marzo e o 8 de abril o Outlet do Libro Galego de Allariz. A iniciativa, que se celebrará na Praza de Abastos, porá a disposición dos clientes 648 títulos galegos a prezos que oscilarán entre os 3 e os 15 euros, canda lotes de cinco títulos por 10 euros. Canda a oferta de venda, organizaranse diversas actividades de animación e dinamización cultural.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Animación, Concello de Allariz, Asociación Galega de Editores