O Play-Doc enfronta a crise con creatividade. O festival internacional de documentais de Tui inicia hoxe a súa VIII Edición cun programa recortado pero no que busca manter a creatividade e abre novos espazos para se dar a coñecer.
Malia á crise, o Play-Doc de Tui continúa a súa andaina. Segundo apunta Sara García, directora do evento canda a Ángel Sánchez, para nós sempre foi un reto facer cada edición cun orzamento moi xusto. Desta volta é certo que había unha maior incertidume e que foi peor do que outras veces, pero adaptámonos". Sobrevivir no actual contexto xa supón para os organizadores un éxito. "Vendo como está o panorama de festivais de cinema, cuns que fecharon, outros que están en perigo ou mudaron a súa periodicidade, sentímonos moi afortunados por ter conseguido facelo", lembra. No entanto, a xeira que comeza hoxe non se librou de recortes na programación. No entanto, a crise deu tamén na busca de novos apoios externos que supoñen tamén unha maior proxección para o festival.
Novos espazos
Deste xeito, a organización chegou a un acordo coa operadora de telecomunicación R, polo cal os abonados á mesma poderán ver no seu propio televisor baixo demanda unha selección de producións que se presentaron ao evento e mais retrospectivas das que se teñen programado nas diferentes edicións do festival. Canda a isto, acordos co Centro Galego de Artes da Imaxe e mais co Instituto Valenciano del Audiovisual y la Cinematografía (IVAC) permitirán que estes espazos programen parte da programación do festival miñoto, tamén ao seu remate. Para nós unha proposta como a de R é fantástica, porque supón unha grande oportunidade de compartir con máis xente este traballo. Agardamos que iso axude tamén a que veña máis xente ao festival. Estamos tamén encantados porque cada ano quedan fóra moitas películas que non podemos proxectar, e esta é unha ocasión magnífica para poder amosalas.
O público
Para alén de acordos con diferentes institucións, o Play-Doc recorreu, por segunda vez este ano, a chamar á colaboración do público para financiar parte do festival, artellándoa na plataforma Play-Doc Support . O ano pasado fixémolo de xeito tímido, en Galicia segue sen ser algo moi común aínda que noutros lugares resulta habitual, explica García. Xa entón a resposta foi sorprendente, e este ano tamén. Para alén da contía que supón, é algo que nos dá moita forza, ver que a xente achega o que pode para que isto continúe. Malia a aceptación crecente que nos últimos anos está a acadar o xénero documental entre o público, García recoñece que a aposta por un festival especializado no mesmo segue a xerar certa incomprensión. Hai quen o confunde e pensa unicamente en documental da natureza ou de investigación científica, ou quen considera que este é un festival de curtametraxes. Encol do maior interese polo xénero que se está a dar a nivel xeral entre o público, García puntualiza que non sei se agora a xente está máis receptiva. Desde logo a nós xa cando comezamos nos sorprendeu a resposta, ao reunir máis de 3.000 espectadores en só tres días. En realidade penso que a xente está ávida de novos contidos e de poder ver cousas diferentes do que hai no cinema comercial ou na televisión, sexan documentais ou outro tipo de cinema. A seguir a liña de anteriores anos, a directora apunta que queremos reivindicar, e este ano máis ca nunca, que cómpre voltarlle o estatus cinematográfico ao documental. É un xénero moi importante para o desenvolvemento do cinema e resulta formalmente moito máis libre do que a ficción". De cara ao futuro prevén continuar con este sistema de contribucións como un xeito complementario de abordar o financiamento do festival. Na organización, no entanto, teñen clara a necesidade de contar con apoios públicos para continuar o proxecto. Desta volta Axencia Galega das Industrias Culturais achegou 20.000 euros á organización.
A evolución
Desde o seu nacemento, o Play-Doc foi sufrindo pequenas metamorfoses que acabaron por marcar o evento. "Nestes anos vemos unha evolución, dalgún xeito perfílase máis a identidade do festival. Medramos cun público que tamén foi a máis e do que estamos moi orgullosos". Precisamente a especial relación co público é un dos piares que sustentan a cita, entusiastas que se achegan ata Tui para contemplar filmes e coñecer creadores dificilmente accesibles noutros foros. "Moitos directores que nos visitan sinalan que é o máis caloroso e heteroxéneo ao que se enfrontaron. Polo xeral, a xente que vén, repite e medra". Canda ao público, o interese por vencellar o festival co seu contorno, con proxectos como os obradoiros de creación de documentais (O retrato filmado) que se realizan ao longo do festival e que teñen nos veciños de Tui os seus protagonistas, a atención aos creadores galegos, a pegada do documental musical ou o interese polo propio proceso de creación deste tipo de filmes (obradoiro Work in progress) son tendencias que marcan o evento.
Dentro do programa desta edición, destaca a presenza de senllas retrospectivas do estadounidense Ross McElwee, pioneiro do documental autobiográfico e do armenio Artavazd Pelechian, un dos máis destacados creadores do cinema experimental soviético. Canda a eles, a sección oficial acolle cinco filmes a concurso, entre eles o Vikingland do galego Xurxo Chirro. Morphine protagoniza a sección documental sobre música e dará un concerto o vindeiro 24 de marzo. Luís Patiño, Sandra Sánchez e Angel Santos Touza serán os eixes da sección galega do festival.