O Centro Cultural da Deputación de Ourense acollerá mañá 21 de marzo ás 19:00 h. a tradicional celebración do DÃa Mundial da PoesÃa que organiza o Pen Clube de Galicia. No acto intervirán o Conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez Abad, o Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez FerrÃn e LuÃs González Tosar, o presidente do Centro PEN Galicia). O acto contará coa lectura de poemas de Alba Cid e Celia Parra coa actuación musical de Miriam Figueiras e Marco Foxo.