Todo empezou en Euskadi, onde un fillo de galegos empregaba Internet para coñecer máis sobre as súas orixes e sobre a terra dos seus pais. Sabendo de moita xente que facÃa o mesmo, en 1997 puxo en marcha unha pequena web con información sobre Galicia. Cinco anos despois, Fillos.org é un dos principais puntos de encontro entre a diáspora e o paÃs, e enfronta un incerto futuro solicitando a colaboración social para continuar a súa actividade.
Manuel Casal Lodeiro é un máis dos fillos de galegos que naceron e residen en Euskadi. A súa profesión de informático achegouno a Internet desde que a rede comezou a popularizarse, e axiña viu as posibilidades que este medio lle ofrecÃa para acceder a contidos galegos e sobre Galicia. Ademais, podÃa contactar con xente do paÃs e con outros membros da diáspora, como el mesmo di, a rede permitÃalle “expresar e cultivar a miña galeguidade”. Na procura de ferramentas para facilitar contactos e buscas de información, en 1997 creou unha lista de correo, un taboleiro de mensaxes e unhas poucas páxinas web con información básica sobre Galicia. Era o comezo de Fillos de Galicia.
Fillos, traballos, encontrosÂ…
Cinco anos despois, Fillos de Galicia é un sistema de webs que comprende fillos.org, o portal para a diáspora; degalicia.org, unha web de acceso restrinxido para subscritores de Fillos de Galicia; atopadoiro.org, o taboleiro onde emigrantes e residentes en Galicia poden deixar os seus datos para localizar a familiares no paÃs ou na diáspora; traballosengalicia.org, unha web que recolle ofertas de traballo para os emigrantes que desexen retornar e, finalmente, nos-tamen.org, sede da campaña para facilitar os trámites de nacionalización de fillos e netos de emigrantes e de futuras propostas reivindicativas. En fillos.org poden atoparse, ademais destes servicios, webs con información sobre a historia, as tradicións, a gastronomÃa ou a literatura galega entre outros temas. Tamén se pode ler “A Nosa Voz”, un noticiario especializado na diáspora, mercar productos na tenda virtual, participar en enquisas e ler manifestos, deixar mensaxes no taboleiro, acceder a recursos para aprender a nosa lingua e mesmo realizar consultas xurÃdicas. Ademais das webs, Fillos de Galicia conta cunha lista de debate (Fillos-L), un boletÃn e novidades e outro de refráns galegos.
As cifras da vontade
Nos últimos doce meses as distintas webs de Fillos de Galicia rexistraron 194.926 visitas, segundo sinala Manuel Casal. Isto supón máis de 16.000 visitas ó mes. Ademais, existen máis 950 membros rexistrados e 475 persoas inscritas na lista de discusión Fillos-L. A base de datos do Atopadoiro contén máis de mil rexistros cos datos de galegos do paÃs e da diáspora que queren atopar os seus familiares. Todo isto feito a base de traballo voluntario na propia casa de Manuel Casal. Onda el, Lorena Pineda Alonso desde Euskadi e Xosé Carlos Núñez Lodeiro desde Galicia actualizan as webs, responden os correos, moderan as listasÂ… Outros membros de Fillos de Galicia colaboran puntualmente para manter os sitios, por suposto sen cobrar. Este traballo revelouse hai xa varios anos coma insuficiente para manter o web máis ou menos actualizado. Casal recoñece que “xa van tres anos que non podemos medrar e o servicio vaise deteriorando” ó ter que atender cada vez a máis xente contando cos mesmos recursos.
A asociación
No ano 2000 nacÃa na Coruña a asociación Fillos de Galicia. Con esta entidade pretendÃase darlle entidade legal ó proxecto, ó tempo que se ofrecÃan os interesados novas posibilidades de participar no mesmo. A asociación pretendÃa dar tamén apoio económico á actividade na web a través das cotas anuais de sesenta euros por cada socio. Ademais destes ingresos, o proxecto conta cos escasos beneficios que deixa a venda de productos a través da tenda virtual. Segundo sinala Manuel Casal, os gastos xerados pola actividade do último ano foron de 2.000 euros. Sen embargo, o orzamento previsto para ese perÃodo era o triple desta cantidade, o que permite imaxinar todo o que quedou sen facer. Casal denuncia que nunca recibiron axudas públicas ó seu traballo, e agarda que este ano a ConsellerÃa de Emigración apoie economicamente a súa actividade. De calquera xeito, o promotor cre que estas axudas serán moi inferiores ó que precisarÃa Fillos de Galicia para desenvolver unha actividade normalizada.
A busca e o futuro
En setembro de 2002 comezaba unha campaña de captación de socios coa que Fillos de Galicia agardaba paliar, alomenos parcialmente, a súa falta de fondos. O obxectivo inicial era acadar cento cincuenta socios para fin do ano. Sen embargo, segundo recoñecen os propios promotores, este obxectivo está aÃnda moi lonxe de cumprirse, e reiteran o chamamento a todas as persoas e empresas interesadas para que se asocien ou apoien economicamente o proxecto. Para xaneiro está prevista a terceira asemblea xeral de Fillos de Galicia onde se buscarán fórmulas que garantan o futuro desta iniciativa. As opcións dependerán do éxito da campaña de filiación, pero a intención dos promotores é contratar cando menos a unha persoa para que poida resolver diariamente os aspectos máis administrativos da comunidade virtual. A partir diso, os obxectivos son manter o sitio actualizado e continuar a recente campaña “Nós Tamén” a prol da nacionalización de fillos e netos de emigrantes. Existen moitos outros proxectos e ideas para incrementar os servicios das diferentes webs de Fillos de Galicia e unir virtualmente os galegos de Galicia e os do exterior, pero o futuro de toda esta iniciativa é incerto.