“En Galicia mantense a visión de Seoane como un exiliado máis, e non era exactamente iso”, apunta Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura e editor de LuÃs Seoane. Entre Galicia y la Argentina. O historiador presenta esta semana en Bos Aires, esta obra, que afonda na posición do intelectual entre os dous paÃses e pon de actualidade o importante papel que xogou Seoane alén mar.
“Alà considérano arxentino e teñen claro que era galego, aquà non”, sinala Villares sobre o homenaxeado. E é que, malia a que se criou en Galicia, LuÃs Seoane naceu en Arxentina e botou alà unha grande parte da súa vida. A súa dupla condición de galego e de porteño acompañouno toda a vida, e ata tal punto exerceu como tal que, para alén de ser un referente indiscutible no noso paÃs, tamén se converteu nunha figura de relevancia no mundo cultural alén do Atlántico. “El mesmo dicÃa que tiña dúas raÃces, unha porteña e unha inevitablemente galega. DicÃa que se instalou en Arxentina co seu irrenunciable acento galego”, sinala Villares.
A memoria
Deste xeito, non nos debe sorprender atopar webs arxentinas sobre este autor, ou unha ampla representación da súa obra en museos daquel paÃs. Debemos lembrar que falamos dun artista plenamente integrado na intelectualidade do seu tempo. “Cando vivÃa existÃa un grande aprezo por el en Arxentina. Estaba moi ben considerado no mundo das galerÃas e museos. Ademais, como tiña facilidade para ter relación cos intelectuais arxentinos tamén era aprezado nese mundo, aÃnda que non escribise en xornais”, lembra Villares. Borges, Cortázar, Victoria Ocampo ou Múgica Láinez son só algúns dos grandes nomes que se vencellan ao galeguista, que ademais desenvolveu un importante traballo como muralista na cidade de Bos Aires. AÃnda que logo da súa morte houbo un perÃodo de relativo esquecemento “Xa algo antes do seu centenario, a partir do ano 2000, renaceu o interese, fixéronse algúns congresos e exposicións sobre el. Neste sentido tivo un eco positivo a atención que lle prestamos en Galicia, e animou a moitos investigadores arxentinos a voltar sobre a súa figura. Os que participaron no congreso do Consello da Cultura quedaron sorprendidos coa vitalidade e a importancia que se lle daba á súa figura”.
Recuperar o interese
LuÃs Seoane. Entre Galicia y la Argentina é o tÃtulo da obra que se presenta o vindeiro mércores en Bos Aires, a recoller unha escolma das comunicacións que se presentaron no congreso Emigrante dun paÃs soñado. LuÃs Seoane entre Galicia e Arxentina, celebrado en 2010 no Consello da Cultura Galega. Cunha edición a cargo do propio Villares e mais de Fernando Devoto, a presentación reunirá mañá no auditorio Museo de Arte Latinoamericano de Buenos Aires , varios nomes destacados da cultura bonaerense, como Beatriz Sarlo, Diana Wechsler ou Luis Alberto Romero. “Esta é unha publicación diferente á galega, pensada para un público porteño, aÃnda que tamén incorpora algúns textos nos que se fala de Galicia. A publicación sae en coedición do Consello da Cultura coa editorial Biblos, “unha editora importante que ten bastante presenza en Arxentina. Con este traballo o congreso non queda como unha reunión que se fixo nun recanto afastado de Europa, Seoane volta pola porta grande da man de autores arxentinos que fixeron un esforzo grande pola súa proxección”, conclúe o presidente do Consello da Cultura. “O lugar é un dos mellores museos de arte contemporánea de Arxentina, e esta presentación é unha oportunidade para que Seoane volte dalgún xeito a arxentino. Os participantes no encontro son intelectuais importantes, e isto é un sinal. Xa a finais de 2010 houbera un congreso con investigadores novos de historia da arte e arquitectos que amosaron a vitalidade da súa figura”.
Na emigración
Para alén de deixar pegada no paÃs e mais en Galicia, Seoane desenvolveu unha intensa actividade, como non, no colectivo de galegos residentes en Arxentina. “Non tivo unha distancia elitista, como outros exiliados, a respecto dos emigrantes. El participou no Centro Galego, foi parte da comisión cultural e dirixiu a revista Galicia Emigrante. Non compartÃa moitas posicións dos emigrados, ás veces considerábaos moi pagados de si mesmos, pero nunca deixou de colaborar con eles”, explica Villares. “Hoxe a colectividade segue a lembralo moi positivamente. Canda a xente como Lorenzo Varela, ou Arturo Cuadrado son os que máis rapidamente saen nas conversas a falar sobre a actividade cultural da emigración”.
É de agardar que con propostas como esta, se recupere alén do Atlántico a memoria sobre un persoeiro que marcou fondamente a cultura de dous paÃses e contribuiu a vencellalos aÃnda máis.

GalerÃa: Seoane en Arxentina
Cédula consular de Seoane, 1929 Fonte: Consello da Cultura
Libreta de enrolamento de Seoane
Fonte: Consello da Cultura
Seoane fala con Picasso
Fonte: Consello da Cultura
Seoane con Laxeiro e DÃaz Pardo en 1955
Fonte: Consello da Cultura
Seoane e Del Riego en Bos Aires, 1954
Fonte: Consello da Cultura
Entrevista a MarÃa Casares para Galicia Emigrante, con Victor L.Molinari (1957)
Fonte: Consello da Cultura
Seoane no seu estudio de Bos Aires (1978)
Fonte: Consello da Cultura