Os contacontos galegos celebran por primeira vez o Día Mundial da Narración Oral

O Pub Atlántico de Compostela acolle un maratón cun amplo elenco de artistas

Cartel do evento. Logo de Mats Rehnman
Cartel do evento. Logo de Mats Rehnman
Comezaron coa celebración os narradores suecos a principios dos 90 facéndoa coincidir coa chegada da primavera e hoxe é unha festividade en todo o mundo. O Día Mundial da Narración Oral celébrase o 20 de marzo e no Estado hoxe haberá actos en Antzuola (Euskadi), en Barcelona, en Madrid, en Guadalaja e tamén en Galicia, por primeira vez. Santiago celebrará un evento organizado por Varios Ventos, a Asociación de Narradoras/es Orais de Galicia. Haberá unha xuntanza de narradores profesionais e, posteriormente, o pub Atlántico acollerá dúas sesións de maratón de contacontos para o público xeral, ás 21 e ás 10.30 horas. Participarán, entre outros, Cándido Pazó, Soledad Felloza, Celso F. San Martín, Charo Pita, José Campanari, Avelino González, Raquel Queizás, Tim Bowley, Pepo Suevos, Oswaldo Digón, Pedron Brandariz.