Grupos folclóricos da Coruña homenaxean a Choncha Martínez

Foi unha das impulsoras do grupo de Coros e Danzas da Sección Feminina da Falanxe na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Concello da Coruña organiza, o vindeiro domingo 18 o primeiro Memorial Choncha Martínez. O evento centrado na danza tradicional, que comeza a partir das sete da tarde, contará coa participación da Asociación provincial de coros e danzas Eidos, o grupo Iar, Xacarandaina, a agrupación folclórica Aturuxo e mais o coro Cántigas da terra. Choncha Martínez foi unha das creadoras do Grupo de Coros e Danzas da Sección Femenina de Falanxe na Coruña, e desenvolveu un intenso labor de documentación e recuperación sobre o baile tradicional. Faleceu hai agora un ano na Coruña, aos noventa anos de idade.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Xacarandaina, Concello da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares