Compostela acolle un encontro de formación da lingua para o profesorado

A lingua dos profesores

| | Seccións: Lingua
Compartir:

Buscar unha docencia lingüísticamente correcta. Este é o obxectivo do Encontro de Formación para membros dos equipos de normalización lingüística do profesorado galego que remata hoxe en Compostela. Tres días nos que se analizou e avaliou a lingua dos docentes.

Encontros


O encontro que hoxe se clausura, puxo de manifesto a necesidade da normalización da lingua no colectivo do profesorado. Por este motivo, abordaron os diferentes aspectos necesarios dentro da docencia. Os equipos de normalización, o seu didactismo, a lexicografía, os cursiños e os recursos galegos na internet. Deste xeito, durante tres días a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) abordou a situación do galego na escola, para sentalo como unha lingua europea no futuro.


Ponentes


Durante estes días pasaron polo EGAP expertos e profesionais da educación normativa en lingua galega, que ofreceron a súa visión particular do obxecto das xornadas. Nese sentido Henrique Monteagudo, da Universidade de Santiago de Compostela (USC) destacou a súa ponencia a importancia do galego como lingua europea do futuro. Ademais de expoñer a visión dun caso de análise, o do Instituto de Ensinanza Secundaria de Montealto (A Coruña) por Rosario Vázquez Mourín e Carlos Fabal Rifón profsores do centro. Nos encontros tamén se ofrece unha chamada de atención ás novas tecnoloxías a través da ponencia de Susana Mayo, do Arquivo de Planificación Lingüística do Consello da Cultura Galega, que realizará unha visión panorámica dos recursos que hai na rede en galego.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Normalización Lingüística, Henrique Monteagudo, Lingua galega...