Percorrer, en galego, a situación da literatura electrónica a nivel estatal. Este é o obxectivo de Proxecto le.es, o web que acaba de presentar a Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago. Textos fóra de xénero "nos que conflúen o verbal, o visual e o sonoro" fan parte desta iniciativa, que quere facilitar tamén o arquivo e o estudo deste corpus, en ocasións difícil de conservar en liña. Deste xeito, o web abre hoxe a súa edición atendendo a Amores prohibidos 2.0, o proxecto de Chévere no que conflúen teatro e redes sociais.