Con Luís Rei Núñez á fronte, ao igual que na súa anterior etapa, a Colección Tambo de poesía volta ás librarías. A editorial Faktoría K recupera esta coñecida cabeceira logo de que a Deputación de Pontevedra a fechase en 2006, substituíndoa pola Colección Cíes. Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro, Alén da fronteira, unha antoloxía de poetas vascos que inclúe traballos de Luigi Anselmi, Bernardo Atxaga, Jon Gerediaga, Tere Irastortza, Xabier Lete, Xabier Montoia e Joseba Sarrionandia vertidos para o galego, son os primeiros títulos da xeira.
Segundo adianta a editora, o vindeiro título a saír será Tríptico, do catalán Antoni Marí. Como se pode comprobar, na nova etapa a colección ábrese ás traducións á nosa lingua de poetas foráneos.
Segundo adianta a editora, o vindeiro título a saír será Tríptico, do catalán Antoni Marí. Como se pode comprobar, na nova etapa a colección ábrese ás traducións á nosa lingua de poetas foráneos.